Perfume de marca branca

Temos a marca branca do teu perfume favorito a partires de 5,90 €

Ponte en contacto con nós para saber se temos o teu perfume... ou ven probalos á nosa tenda na Rúa do Medio nº 6!

441.jpg

Refan está especializada na fabricación de perfumes de alta equivalencia.

Contamos con fábrica propia na que se elaboran perfumes usando as mesmas esencias  e procedementos que utilizan as grandes marcas.

Isto permítenos obter un producto de alta calidade cun aroma igual ás fragancias máis demandadas e cunha fixación garantizada.

Os nosos productos, de fabricación europea, contan ademais cos máis esixentes certificados de calidade, sendo a única liña de perfumería de equivalencia que ten recoñecido o estandar europeo de calidade ISO 9001:2008.

Como se vende?
todos os nosos perfumes (máis de 100 referencias femeninas e 50 masculinas) teñen o mesmo prezo. Vendemos a granel, de xeito que ti decides a cantidade de perfume que queres levar. Temos envases de 30, 50,  100 e 125ml con pulverizador que ademais son reutilizables.

perfumes_-_copia.jpgPor que tan barato?

Todos os nosos perfumes véndense no mesmo tipo de envase e evitamos grandes campañas publicitarias. Isto, xunto coa fabricación propia, permítenos ofrecer un prezo inigualable no sector da alta perfumería. 

Os nosos prezos:
- 30 ml ----------- 5,90 €
- 50 ml ----------- 9,90 €
- 100 ml --------- 18,90 €

A estes prezos hai que engadirlle o prezo do frasco (1 €). Cando precises máis perfume podes reutilizar o mesmo frasco e deste xeito só pagarás polo perfume.